Sobre Nordelaina

Xestión sociocultural

Nordelaina é unha empresa adicada á xestión e dinamización sociocultural que desenvolve actividades e proxectos dirixidos a toda a poboación pero con especial fincapé na infancia e na xuventude.
Nace no ano 2017 despois de ter participado nunha convocatoria de Iniciativa Xove.


Con formación e experiencia no sector, este proxecto comezou para dar resposta a proxetos educativos e culturais, animación, ocio infantil, actividades extraescolares, obradoiros, campamentos urbanos e programas de conciliación.
Dende o 2023 nace dentro Nordelaina a Escola de Tempo Libre Omuxe, homologada pola Xunta de Galicia para impartir cursos de monitor e director de tempo libre.

 
Queda moito camiño por andar e moitas metas que cumprir.

Misión

A nosa misión é proporcionar experiencias educativas e recreativas de alta calidade que promovan o desenvolvemento integral e servizos personalizados segundo as necesidades dos nosos usuarios e cliente

Visión

Ter unha referencia na xestión sociocultural, recoñecida pola nosa capacidade de innovación, compromiso coa comunidade e excelencia nos nosos servizos

O Que Opinan Os Nosos Clientes
Empresas que confían en Nordelaina
Scroll ao inicio