Actividades extraescolares
Dende o 2017 impartimos extraescolares en multitude de centros da comarca do Salnés. Ofertamos unha ampla variedade de actividades extraescolares, complementarias para realizar nos centros educativos ademais de nas nosas instalacións.
Extraescolares

Reforzo escolar
Co obxectivo de facer máis eficiente o estudo, a preparación de exames ou a elaboración de traballos e deberes, ofertamos este servizo de xeito individualizado, con grupos de 3 persoas como máximo

Patinaxe
Unha actividade física divertida que mellora o equilibrio, a coordinación e a resistencia, sempre en contornas seguras e controladas.

Obradoiros e talleres
Anuais ou puntuais, nas nosas instalacións. Técnicas de estudio, lettering, costura, manualidades, escritura creativa, etc

Baile moderno
Ritmo, movemento e expresión corporal para potenciar a autoestima, a sociabilidade e a forma física.

Cociña
Talleres prácticos onde aprender receitas sinxelas, hábitos saudables e valores como o traballo en equipo e a autonomía.

Manualidades e artesanía
Desenvolvemento da motricidade fina e da imaxinación mediante creacións únicas feitas coas súas propias mans.

Teatro
Un espazo para soltar a imaxinación, traballar a expresión verbal e corporal e vencer a timidez a través do xogo dramático.

Psicomotricidade e predeportivas
Actividades adaptadas para os máis pequenos centradas en movemento, coordinación, ritmo e introdución ao deporte.

Multideporte
Iniciación a diferentes disciplinas deportivas fomentando a cooperación, o respecto e os valores do deporte en equipo.

Pintura e debuxo
Unha actividade artística que estimula a creatividade, a concentración e a expresión emocional a través de diferentes técnicas e materiais.

Costura
Aprenden a coser de forma práctica e divertida, desenvolvendo a motricidade fina, a paciencia e a capacidade de crear algo propio dende cero.

Lettering e scrapbook
Introdución ao deseño creativo con letras e composicións visuais. Melloran a escritura, a precisión e o sentido estético mentres crean recordos únicos.

Matemáticas e lóxica
Actividades lúdicas para desenvolver o razoamento lóxico, a resolución de problemas e a confianza nas habilidades matemáticas.
Algúns dos nosos
PROXECTOS



